Noticias / Jueves, 23 Julio, 2020

Diario da Universidade de Vigo

Noticias

A  7ª edición do Pont-Up Store presentará 46 startups galegas innovadoras e creativas

Foron seleccionadas entre 149 candidaturas

Tras un difícil proceso selección no que se valoraron as 149 candidaturas de novas empresas galegas e estatais, o comité organizador da Pont-Up Store fixo pública este xoves a lista definitiva de participantes. Nesta 7ª edición do encontro, liderado polo Campus CREA, vanse presentar os emprendementos dun total de 46 empresas que destacan pola innovación e a creatividade das súas propostas. O director do evento, o profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing Pedro Figueroa, valora moi positivamente estes resultados de inscrición, cos que, a pesares da recesión económica provocada pola pandemia e de contar con dez días menos de prazo, conseguiuse igualar practicamente o número de empresas que optaban a participar no evento de referencia do novo emprendemento no noroeste peninsular.

Deste xeito, Pontevedra converterse, entre o 17 e o 19 de setembro no referente do novo emprendemento cun programa que se desenvolverá en formato híbrido, combinando actividades en liña con presentacións ao vivo desde a carpa que se situará n Praza de España e outras localizacións da cidade. En total van participar nesta sétimaª edición 36 empresas con stand, dez empresas que desenvolverán actividades demostrativas na carpa, e outra oito no talent business Pont-Up Exprés.

Pont-Up Store conta co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e é froito da cooperación de case 40 entidades públicas e privadas que durante os últimos seis anos foron sumándose como patrocinadores ou colaboradores ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Satisfacción pola cantidade de propostas presentadas

Desde a organización, amosan “gran satisfacción” por estes resultados cuantitativos, así como polos datos que se desprenden ao analizar a procedencia das propostas  participantes. As novas empresas implantadas no rural continúan medrando e consolidando unha tendencia de emprendemento; a provincia de Pontevedra volve confirmarse como a área con máis pulo emprendedor; aínda que, con respecto a edicións anteriores, increméntanse as solicitudes procedentes do resto de Galicia e tamén os emprendementos radicados fóra de Galicia, o que confirma unha vez máis ao Pont-Up Store como o encontro de referencia do novo emprendemento no noroeste peninsular.

[...] Coa sustentabilidade como eixo central presentarán as súas propostas Corazón de Carballo Granxa Escola, Ertha Surfboards e Euca Green. 

[...] Continuar lendo no seguinte link: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/7a-edicion-pont-sto...